Horta Ecolóxica

Que facemos?

Participamos activamente na nosa contorna rural, buscando novas oportunidades a través do traballo na terra. A horta da Casa Reitoral de Sorribas é un lugar privilexiado. Respectamos o ritmo da terra, sen présa, e cultivamos os produto propios de cada tempada. Coidamos o invernadoiro e a horta de forma sostible, equilibrada, con responsabilidade social e ambiental.

Onde mercar os nosos produtos?

Os produtos da horta de Sorribas poden comprarse directamente no Centro Ocupacional Sorribas e tamén no posto de venta de produtos ecolóxicos Carmen Ecolóxicos (Número de rexistro do CRAEGA GA/01645/PV), na Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Cando?

De 10:30h a 17:30h, luns e venres (baixo pedido).

Teléfono: 981.817.202
Enderezo electrónico: amipa@asociacionamipa.gal