A vida é cambio. AMIPA tamén.

Planificación Centrada na Persoa: as persoas con discapacidade intelectual teñen dereito a decidir
12 marzo 2020

A vida é cambio. AMIPA tamén.

A situación actual nos esixe, tanto a nivel persoal coma profesional, enfrontarnos a cambios que neste momento de pandemia mundial son vertixinosos.

Hai persoas que toman os cambios coma unha ameaza. Os cambios dannos medo. Pero hai outras persoas que os miran cara a cara, e os toman coma unha oportunidade.

O cambio é necesario e dáse todos os días nas nosas vidas, aínda que agora sexamos máis conscientes do que está a pasar ó noso redor. Muda a nosa pel, mudan as estacións, mudan os pensamentos, muda a nosa forma de vestir, muda a nosa familia, etc.

Conscientes de que a vida é cambio, e que o medo e a prudencia nos acompaña neste camiño, o traballo de acompañamento ás persoas con discapacidade intelectual e/ou desenvolvemento e as súas familias supónnos asumir novos retos, novas miradas, novas maneiras de facer.

Apostarmos por ver os cambios que esta crise está a traer ás nosas vidas coma unha oportunidade. Temos a obriga de abrir portas, fiestras e airear as nosas mentes e o noso corazón, para poñelos ó servizo das persoas ás que acompañamos e contribuir á mellora da súa calidade de vida, dando forma aos novos apoios, ás novas oportunidades, ás novas formas de convivencia, ás novas formas de participación, de ocio…

Todo cambio supón unha perda, e non é sinxelo transformar a nosa estratexia, os procesos antigos, o uso da tecnoloxía, as novas formas de acompañamento… Pero estamos dispostas como ben dicía Mahatma Ghandi a ser o cambio que queremos ver no mundo.

A nosa misión está clara e o noso compás marca o camiño.

Misión de AMIPA: apoiamos e acompañamos ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias para  acadar unha mellor calidade de vida, xerando oportunidades dende o respecto e a ilusión e promovendo a inclusión na comunidade nun entorno rural

Beatriz Caneda.

Educadora Social en AMIPA