Amipeiro de Honra 2019

Artesanía inspirada na tradición e natureza
9 abril 2019
AMIPA recibe 7.000€ da Obra Social de Caixabank
7 junio 2019

Amipeiro de Honra 2019

smartcapture

Este acto de recoñecemento tivo lugar nas instalacións do Centro Ocupacional de AMIPA en Rois, hoxe venres e estivemos presentes máis de 60 persoas.

A presentación do mesmo estivo a cargo dunha persoa de AMIPA que deu a coñecer ás persoas asistentes a colaboración, ao longo dos últimos 14 anos, de STAC, S.L. como empresa de referencia na comarca especializada en produtos orientados á industria do cerramento. Esta estreita colaboración, permite que as persoas con discapacidade intelectual de AMIPA continúen a desenvolver procesos de formación ocupacional na súa contorna de referencia e nun sector punteiro na comarca.

Nel participou Ramón Tojo Lens, alcalde de Rois, e Antonio Fernández Angueira, alcalde de Padrón, que destacaron o traballo realizado por AMIPA ao longo dos seus 22 anos de vida e a súa contribución como entidade social na contorna.

José Rodríguez Romero, presidente de AMIPA, agradeceu a implicación da empresa homenaxeada e lembrou que “para seguir desenvolvendo o noso proxecto social no rural, necesitamos seguir contando con esta estreita colaboración da empresa STAC S.L. Sumando forzas, traballamos pola inclusión social das persoas con discapacidade, nunha sociedade máis xusta”.

Recolleu o Amipeiro de Honra 2019, Dolores Seco Orosa, Directora Financieira e de Administración de STAC SL, que agradeceu a oportunidade de traballar man a man con AMIPA dende 2005 ata a actualidade de forma ininterrumpida, sinalando que segue intacto e mesmo incrementado o compromiso inicial da empresa ó respecto da súa responsabilidade social corporativa. Rematou recalcando que ambas organizacións camiñarán xuntas na construción dun mundo máis xusto e solidario, dun mundo mellor.

Foi un día de celebración ben especial!!