AMIPA recibe da Deputación Provincial da Coruña unha subvención de case 21.000,00€

Amipa celebra os seus 25 anos defendendo a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual no rural
30 mayo 2022
Amipa recibe do Concello de Padrón unha subvención de 12.000€ para 2022
1 septiembre 2022

AMIPA recibe da Deputación Provincial da Coruña unha subvención de case 21.000,00€

A Asociación AMIPA vén de recibir da Deputación Provincial da Coruña unha subvención dentro da convocatoria Convocatoria do Programa de Subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de centros de servizos sociais no ano 2022. O importe concedido foi de 20.484,36 € ( BOP provincia da Coruña 102, de 31 de maio de 2022)

Esta subvención contribúe a financiar, un ano máis, formación ocupacional no Centro Ocupacional de Sorribas,  para a capacitación laboral das persoas adultas con discapacidade intelectual e programas individualizados, así como servizos hostaleiros, actividades físicas e deportivas, orientación e apoio ás familias, etc…, nos que participan a diario 24 persoas adultas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar (Dodro, Padrón e Rois) e dos concellos de Brión, Teo e Santiago.