Amipa recibe do Concello de Padrón unha subvención de 12.000€ para 2022

AMIPA recibe da Deputación Provincial da Coruña unha subvención de case 21.000,00€
18 junio 2022
AMIPA e ANDAINA pro SAÚDE MENTAL formámonos xuntas en Planificación Centrada na Persoa
5 julio 2023

Amipa recibe do Concello de Padrón unha subvención de 12.000€ para 2022

A Asociación Amipa é beneficiaria, un ano máis, unha subvención nominativa do Concello de Padrón 

O Alcalde-Presidente do Concello de Padrón, Don Antonio Fernández e o presidente de Amipa, Don José Rodríguez, asinaron o convenio de colaboración para o proxecto de inserción social e laboral para persoas con discapacidade intelectual para este ano.

Esta subvención contribúe a financiar programas na área de formación para a vida, no Centro Ocupacional de Sorribas, Rois (A Coruña) que xestiona Amipa. En concreto, para programas individualizados de formación integral e continua que permitan a cada persoa acadar a máxima autonomía posible, cos apoios precisos.

No centro reciben servizos e acompañamento en proxectos de vida 24 persoas adultas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar (Dodro, Padrón e Rois) e dos concellos de Brión, Teo, 9 das cales son veciñas de Padrón. Tamén reciben apoios por parte da asociación as 24 familias.

A implicación do Concello de Padrón ao longo dos 25 anos de vida da entidade permítelle seguir prestando servizos orientados á calidade de persoas adultas con discapacidade, nunha contorna rural.