Formación ocupacional

No Centro Ocupacional de Sorribas melloramos a nosa preparación e cualificación profesional. Contamos cos apoios e as adaptacións necesarias para desenvolver diferentes tarefas ocupacionais.

Que facemos?

Dende hai máis de 15 anos vimos prestando servizos a empresas da Comarca. Na actualidade prestamos servizos á empresa do Grupo Cortizo, Stac S.L. e a Nestlé España SA.