Formación para a vida

No Centro Ocupacional de Sorribas desenvólvense diferentes programas e actividades que favorecen a nosa formación permanente como persoas adultas.

En pequenos grupos actualizámonos e aprendemos habilidades que poden mellorar as nosas vidas: manexamos as novas tecnoloxías, imos á compra ou lemos, entre outras actividades.

A miúdo reunímonos en asemblea co fin de participar e abordar as temas que afectan e interesan ás nosas vidas. Nestas reunións facemos propostas, organizamos actividades e especialmente informámonos de todas aquelas novas que nos afectan e son do noso interese.

En AMIPA cada persoa ten a oportunidade de ser protagonista do seu Plan individualizado de atención (PIA), o que lle permite deseñar o seu proxecto persoal e contar cos apoios necesarios para desenvolvelo.

Outros servizos:

Servizo de transporte

Cada día achegámonos ao Centro Ocupacional en autobús ou en furgoneta, segundo o percorrido dende os nosos domicilios.

Servizo de comedor

No Centro Ocupacional contamos cun comedor no que temos uns menús equilibrados e revisados por profesionais