Ocio e Deporte

Sabemos que a actividade física, o deporte e o ocio son parte fundamental do benestar da persoa e da súa calidade de vida, por iso, unha parte importante da semana dedicámola á actividade física e deportiva.

Practicamos distintos deportes: fútbol sala, baloncesto, ciclismo, bádminton... ademais das rutas de sendeirismo que percorremos habitualmente.

Formamos parte da Liga Norte (xunto a clubes e entidades da provincia da Coruña) e participamos na Liga autonómica de fútbol sala organizada por Special Olympics Galicia, o que nos permite relacionarnos e compartir experiencias con persoas de toda Galicia.

En pequenos grupos organizamos quedadas de ocio e tamén vacacións.

Tamén somos membros da Rede de Ocio Inclusivo de Galicia: ROIG.