AMIPA recibe da Deputación Provincial da Coruña unha subvención de case 20.000,00€

A vida é cambio. AMIPA tamén.
12 mayo 2020
Amipa celebra os seus 25 anos defendendo a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual no rural
30 mayo 2022

AMIPA recibe da Deputación Provincial da Coruña unha subvención de case 20.000,00€

A Asociación AMIPA vén de recibir da Deputación Provincial da Coruña unha subvención por importe de 19.975,00€, dentro da convocatoria do programa de subvencións para entidades sen fins de lucro para o mantemento de centros de servizos sociais no ano 2021.

Esta subvención contribúe a financiar formación ocupacional, no Centro Ocupacional de Sorribas,  para a capacitación laboral das persoas adultas con discapacidade intelectual, programas individualizados, así como servizos hostaleiros, actividades físicas e deportivas, orientación e apoio ás familias, etc…, nos que participan a diario 24 persoas adultas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar (Dodro, Padrón e Rois) e dos concellos de Brión, Teo.