Contribucións da Terapia Ocupacional á prevención de riscos na formación ocupacional

Vacacións 2019!!
17 julio 2019

Contribucións da Terapia Ocupacional á prevención de riscos na formación ocupacional

A Terapia Ocupacional é unha profesión que se encarga da promoción da saúde e do benestar a través da ocupación. En AMIPA, as persoas con discapacidade intelectual (PcDI) pasan unha parte importante da xornada de formación en talleres de formación ocupacional, sendo unha das súas principais ocupacións no centro. Por elo, dende o servizo de Terapia Ocupacional levamos a cabo un programa de formación sobre os posibles riscos derivados do traballo e como poder evitalos, así como, de hixiene postural e ergonomía durante a xornada de formación laboral.

O principal obxectivo desta formación é que as persoas se formen no bo uso das ferramentas de protección individual (EPIS) que teñen a súa disposición para poder aplicalas dun xeito adecuado. Do mesmo modo, coñecemos a ergonomía dos utensilios utilizados e comprendemos como a mala manipulación dos mesmos, ou incluso, o mal uso do noso propio corpo con respecto a eles, pode propiciar un dano para a saúde.

Como complemento a esta formación, realizamos un informe de prevención de riscos e accesibilidade no posto de formación laboral, do cal derivan unha serie de medidas que favorecen o desempeño óptimo desta tarefa. Entre as medidas implantadas atópanse, entre outras,  a organización dos diferentes materiais empregados en relación o seu uso no espazo, ou o emprego de cinchas que evitan que as persoas poidan esvarar cando o solo está mollado.

Deste xeito, dende a Terapia Ocupacional non só se fai fincapé na recuperación e o tratamento, senón tamén na prevención, para asegurarnos que a ocupación diaria interfire de forma positiva na nosa saúde e benestar.