Artesanía
Artesanía

Artesanía

diferente

En AMIPA creamos coas nosas propias mans unha artesanía diferente

Mercando os nosos produtos colaboras con nós e coa nosa autonomía.
En AMIPA atoparás persoas expertas no deseño e creación de produtos únicos e artesanais.

personalización

Podemos personalizar o detalle perfecto para ese día tan especial para ti

Se queres marcar a diferenza e ser orixinal nas túas tarxetas de invitación ou nos agasallos para vodas, comuñóns ou calquera tipo de evento, podes achegarte ata Sorribas ou contactar con nós. Podemos preparar o detalle perfecto para ese día tan especial.

Que facemos?

Plan Individualizado de Atención

Entre os nosos produtos podes atopar: Candeas aromáticas con diferentes deseños e presentacións, xabóns de mil formas e cores, marcapáxinas únicos de papel artesanal, invitacións exclusivas, imáns decorativos, broches de feltro e de pasta, adornos para picaportes, caixas para regalos, bolsas e moito máis.

Como mercar?

Necesitamos coñecer as túas necesidades ou a túa idea para facer un produto único para ti

Podes visitarnos na reitoral de Sorribas, de 10.30 a 17.30 de luns a venres. Chámanos por teléfono ao 981 817 202 ou envíanos un correo electrónico ao enderezo amipa@asociacionamipa.gal para concertar unha cita presencial, telefónica ou por videoconferencia.
Cómpre realizar os pedidos con antelación para que poidamos cumprir cos prazos de entrega.

Scroll ao inicio