Actividades coa comunidade
Somos parte activa
![Visita á Casa de Rosalía de Castro. Actividades coa comunidade Visita á Casa de Rosalía de Castro. Actividades coa comunidade](https://asociacionamipa.gal/wp-content/uploads/Casa_Rosalia_visita-600x400.jpg)
Queremos ser parte activa da comunidade na que vivimos, e para iso, participamos en actividades socioculturais que se desenvolven na nosa contorna, organizadas polos concellos, centros educativos, a Casa Museo Rosalía de Castro, así como por outras asociacións ou entidades.
AMIPA está presente na Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero dos concellos de Rois e de Padrón, dende a súa creación no ano 2021. Participamos con outros axentes sociais do territorio como corpos e forzas de seguridade do Estado, servizos sociais, centros educativos, empresas privadas, asociacións…
![Visita á Casa de Rosalía de Castro. Actividades coa comunidade Mesa sobre violencia de xénero en Rois Actividades coa comunidade](https://asociacionamipa.gal/wp-content/uploads/Mesa_violencia_xenero_rois-600x399.jpg)
Participamos no proxecto de lectura inclusiva Libros Viaxeiros, en lectura fácil, o cal desenvolvemos conxuntamente coa Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Padrón, dende o ano 2018. Este proxecto inclúe a todas las persoas ás que lles une o gusto pola lectura que busca crear relacións con outras persoas. Os encontros para comentar obras desenvólvense en espazos como cafeterías, restaurantes, parques…
![Visita á Casa de Rosalía de Castro. Actividades coa comunidade Libros viaxeiros. Actividades coa comunidade](https://asociacionamipa.gal/wp-content/uploads/Libros_viaxeiros-400x600.jpg)
Esta experiencia foi presentada nunha comunicación no II Congreso Internacional de Educación Crítica y Inclusiva, celebrado en Segovia en setembro de 2022. Esta comunicación adopta a forma de capítulo de libro, ao cal se pode acceder a través do seguinte enlace: https://octaedro.com/libro/sonar-grande-es-sonar-juntas/
![Visita á Casa de Rosalía de Castro. Actividades coa comunidade Soñar grande es soñar juntas](https://asociacionamipa.gal/wp-content/uploads/Sonar-grande-es-sonar-juntas-424x600.jpg)