Programas
Programas

Programas

En AMIPA cada persoa é protagonista do seu Plan Individualizado de Atención (PIA) para deseñar o seu proxecto persoal de vida e conta cos apoios necesarios para desenvolvelo. 

No centro ocupacional de Sorribas desenvolvemos diferentes programas e actividades que favorecen a nosa formación permanente como persoas adultas.

En pequenos grupos actualizámonos e aprendemos habilidades que poden mellorar as nosas vidas: cociña, novas tecnoloxías, deporte, coidamos a horta, e moito máis.

A miúdo reunímonos en asemblea para abordar os temas que nos afectan e nos interesan. Nestas reunións facemos propostas, organizamos actividades e especialmente informámonos de todas aquelas novas importantes para nós.

Estimulación cognitiva

Os exercicios de estimulación cognitiva están recomendados para potenciar as capacidades existentes, desenvolver outras novas e proporcionar estratexias para suplir aquelas que non podemos desenvolver. Buscamos mellorar capacidades cognitivas como a...

Psicomotricidade

A psicomotricidade inflúe na saúde física, mental, emocional e social. Este programa centra a atención nos beneficios bio-psico-sociais. Traballamos o movemento corporal, as aptitudes, os sentimentos e os comportamentos , tendo como obxectivo a mell...

Novas tecnoloxías

Novas tecnoloxíasAlfabetización dixitalAs novas tecnoloxías teñen un gran potencial para a aprendizaxe e a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual nun entorno cambiante no que vivimos, cada vez máis dixitalizado. Fomen...

Pintura

O arte posee un efecto integrador sobre as persoas con discapacidade intelectual e favorece a inclusión social. A través do debuxo e da pintura as persoas poden expresar e comunicar sentimentos, emocións e experiencias vividas.

Lectoescritura

Un dos obxectivos deste programa e axudar as persoas con discapacidade a ler e escribir , dúas ferramentas moi importantes para a inclusión social, un dos obxectivos deste programa. Mediante un método de lectura global, que se basa na percepción glo...

Cociña

Dende pratos sinxelos ata outros máis elabodamos, aprendemos a facer receitas que nos permitan desenvolver no noso domicilio unha vida autónoma poñendo en práctica o aprendido. Elaboramos un receitario, adaptado cognitivamente con imaxes e lectura fác...

Horticultura e coidado do entorno

En AMIPA contamos cun invernadoiro e cunha horta. Mediante a rotación de cultivos segundo a tempada, plantamos produtos para autoconsumo no servizo de comedor.O mantemento e limpeza de malas herbas, permítenos elaborar unha compostaxe caseira e natural, l...

Relaxación e conciencia do corpo

Desenvolvemos meditacións guiadas, respiración consciente, masaxes e técnicas de relaxación física (muscular e centrada na respiración) adaptadas ás necesidades de cada persoa nas que se fomenta a concentración e a autorregulación emocional . ...

Calceta/Lanoterapia

É un taller aberto á comunidade que desenvolvemos en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Urdilde , tanto no noso centro como no seu local social de Urdilde. Entre outras, facemos pezas mediante a técnica da calceta, bordado, punto de b...

Actividade deportiva adaptada

Actividade deportva adaptadaDeporte e saúdeOs beneficios da actividade física son múltiples : melloras na saúde física e a resistencia, regula a presión arterial, mellora a condición respiratoria, a circulación... En AMIPA levamos a cabo ...

Intervención asistida con animais

CanvivenciasIntervención asistida con animaisParticipamos nun programa co centro de “Intervención Asistida con Can (IAC)” con fins terapéuticos, educativos ou lúdicos que se basean na interacción e vínculos entre as persoas e o can. ...

Ocio grupal e personalizado

Realizamos saídas de carácter lúdico todas as semanas e plans de ocio personalizado ó longo de todo o ano. Acordes aos nosos intereses e gustos, participamos en actividades socioculturais desenvoltas na comunidade , organizadas polos concellos, aso...

Música á carta

Con esta proposta, con profesionais da música e a educación, contribuímos ao desenvolvemento de capacidades cognitivas e benestar subxectivo a través da música. As actividades que desenvolvemos son audición musical, audición en vivo, práctica musical...

Servizo psicolóxico

Contamos cun servizo externo de psicoloxía clínica que realiza acompañamentos personalizados no propio centro, concertando sesións a demanda segundo as necesidades das persoas e as súas familias.
Scroll ao inicio