Misión, Visión, Valores
Misión, Visión, Valores

Misión, Visión, Valores

Misión

En AMIPA apoiamos e acompañamos

as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias para acadar unha mellor calidade de vida, xerando oportunidades dende o respecto e a ilusión e promovendo a inclusión na comunidade nunha contorna rural.

Parte activa da comunidade

visión

Queremos ser (a nosa VISIÓN de futuro) 

Imaxinamos un futuro ilusionante. Dende o compromiso respectuoso coa calidade de vida das persoas e cos seus proxectos de vida que permitan a súa inclusión social, queremos ser unha organización na que: 

Formacioìn permanente como persoas adultas

Acompañamos a persoas con discapacidade intelectual para que desenvolvan os seus proxectos persoais, nos que sexan protagonistas

  • Tendo en conta as preferencias, intereses e desexos persoais
  • Realizando actividades significativas para cada persoa
  • Apoiando a persoa a alcanzar as cousas importantes para ela, coa colaboración do círculo de apoio elixido por ela mesma 

Desenvolvemos servizos e programas que dean resposta ás necesidades e demandas das persoas e as súas familias

Para a vida independente, ampliación da oferta de formación ocupacional, emprego con apoio, apoio ás familias…:

  • Poñendo en marcha vivendas no contorna nas que as persoas vivan o pasen estancias cos apoios que precisen 
  • Tendo un servizo de apoio psicoeducativo no fogar para aquelas persoas que decidan desenvolver o seu proxecto de vida no mesmo
  • Colaborando e xerando alianzas con empresas da nosa contorna de referencia
  • Acompañando a grupos de familiares
  • Desenvolvendo actividades na comunidade segundo os intereses das persoas
  • Participando en actividades de ocio segundo as preferencias de cada persoa, que lle permitan xerar novas alternativas de ocio

Desenvolvemos procesos de participación na comunidade fomentando a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual e a das súas familias

  • Establecendo alianzas coa veciñanza, empresas, voluntariado, asociacións, administración local…
  • Realizando diferentes actividades nos espazos de AMIPA que sexan significativas para as persoas

Obtemos máis recursos diversos: persoais e económicos

  • Xerando recursos propios e buscando financiamento privado como crowdfunding, aportacións de empresas, campañas de captación de persoas socias ou axudas privadas de obras sociais e fundacións 
  • Tendo un programa de voluntariado
  • Desenvolvendo prácticas de formación profesional

os nosos VALORES

Os valores son un modo de conduta preferible ao seu contrario

Por exemplo, a igualdade é preferible á desigualdade, a confianza é preferible á desconfianza, etc. Os nosos valores expresan o que consideramos valioso, estimable e digno de ser honrado.

As persoas de AMIPA adquirimos o compromiso de levar a cabo as nosas accións de acompañar as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias dende os seguintes valores:

FAMILIAS

RESPECTO

Cada persoa en AMIPA debe ser tratada con consideración e atención, con palabras e de xeito que teñan en conta as súas diferenzas, decisións e ritmos. 

IGUALDADE

Todas as persoas en AMIPA, mulleres e homes, debemos ter as mesmas oportunidades, dereitos e deberes e debemos ser tratadas por igual, recoñecendo as diferenzas de cada persoa.

COMPAÑEIRISMO

Todas as persoas en AMIPA nos relacionamos con respecto, escoita, diálogo, bo trato, amabilidade e humildade. Traballamos en equipo, compartimos, colaboramos e nos axudamos tanto dentro como fóra de AMIPA.

COMUNICACIÓN-ESCOITA

Modo de comunicarnos e escoitarnos en AMIPA, en lugares e momentos que nos permitan que a información sexa comprensible para todas as persoas. Utilizamos distintos sistemas de comunicación e respectamos as opinións de cada persoa

CONFIANZA

Sentimento de seguridade e tranquilidade do que confía en alguén, en algo ou en si mesmo. Maneira de tratarse familiar e aberta, propia das persoas que teñen amizade ou moito trato.

FELICIDADE-ALEGRÍA

Estado no que as persoas de AMIPA nos sentimos ben, contentas onde estamos e co que facemos. Compartimos momentos con actitude positiva.

COMPROMISO

As persoas de AMIPA cumprirmos coas nosas obrigas e pactos, participamos e somos responsables.

AFECTO E COIDADO

Aprecio polas persoas ou cousas. Actuamos e acompañamos as persoas con respecto, agarimo, paciencia e non por obriga.

INDIVIDUALIZAR

Prestamos apoios diferentes a cada persoa, segundo os nosos ritmos e necesidades.

Scroll ao inicio