Faite socio
ou claborador/a
Grazas a túa colaboración, as persoas con discapacidade intelectual de AMIPA reciben formación e os apoios necesarios para lograr a súa plena inclusión social nunha contorna rural
Beneficios fiscais para as persoas que colaboren con Amipa con achegas económicas e/ou en especie
AMIPA foi declarada de Utilidade Pública no ano 2009. Por esa razón, se colaboras cunha achega de diñeiro, de bens ou dereitos (cota de socio/a colaborador/a, doazóns, entrega de produtos,…), poderás obter beneficios fiscais na túa declaración de IRPF, IS ou IRNR.
Poderás aplicar os incentivos ao mecenado, recollidos nos artigos 17 a 23 da Lei 49/2002, de 23 de decembro, do réxime fiscal de entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado; polo que todas as achegas puras, simples e irrevocables que fagas á Asociación AMIPA poden deducir, segundo as porcentaxes e límites establecidos na Lei, na túa declaración de IRPF, IS ou IRNR segundo sexa ou teu caso.