saír
observar
sentir
escoitar
Familia
Somos unha asociación de familias da comarca do Sar
Acompañamos nos seus proxectos de vida a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Xeramos oportunidades, cos apoios necesarios, para que acaden a maior cota de autonomía persoal e a inclusión social no rural.
Artesanía
Creamos coas nosas mans unha artesanía diferente
EN AMIPA atoparás persoas expertas no deseño e creación de produtos únicos e artesanais. Podemos personalizar o detalle perfecto para ese día tan especial para ti. Mercando os nosos produtos colaboras con nós e coa nosa autonomía.
Programas
Plan Individualizado de Atención
Cada persoa é protagonista do seu Plan Individualizado de Atención (PIA) para deseñar o seu proxecto persoal de vida e conta cos apoios necesarios para desenvolvelo. No centro ocupacional de Sorribas desenvolvemos diferentes programas e actividades que favorecen a nosa formación permanente como persoas adultas.