Libros Viaxeiros no 19 Encontro de Autoxestoras e Autoxestores
26 octubre 2019
O valor persoal, ambiental e social da agricultura en AMIPA
29 noviembre 2019

Os beneficios dos animais nas nosas vidas

 

Compartir a nosa vida cun animal ou simplemente manter contacto con el aporta moitos beneficios para as persoas. O can é un dos animais preferidos polas/os humanos xa que en ocasións poden actuar como terapeutas naturais, mellorando o noso benestar, compartindo momentos e aceptando ás persoas sen xulgar a ninguén. Estudos falan da estimulación que recibe o noso cerebro cando establecemos vínculos con estes animais ou da diminución do ritmo cardíaco cando os acariciamos, polo que son de gran axuda na evolución de procesos terapéuticos converténdose así en parte importante do tratamento, conformando o que coñecemos como Terapia Asistida con Animais (TAA).

As persoas beneficiarias desta terapia traballan a estimulación motora, as habilidades sociais, o control de impulsos, a mellora da autoestima e a memoria, entre outros aspectos, sempre guiadas por unha profesional da saúde ou da educación. Para asegurar o fin terapéutico das sesións a persoa especializada concreta un obxectivo específico, unha estrutura e unha avaliación, e poden participar diferentes animais adestrados previamente, aínda que o máis coñecido popularmente é o can.

As persoas de AMIPA puidemos experimentar algúns dos beneficios que nos ofrecen os cans nunha xornada no Refuxio de Bando. Estamos desexando repetir!

Autora: Nereida Rivero, Educadora Social.