Novas

AMIPA renova o convenio de colaboración co Concello de Padrón para o ano 2025 cunha subvención de 12.000€

A Asociación AMIPA recibirá un ano máis unha subvención nominativa do Concello de Padrón para o desenvolvemento do seu proxecto de inserción social e laboral de persoas con discapacidade intelectual durante o ano 2025. O alcalde-presidente do Concello de Padrón, Anxo Rei Arca, e o presidente de AMIPA, José Rodríguez, asinaron o convenio de colaboración, […]

Cinco MULLERES de AMIPA protagonizan o proxecto ‘No Camiño’ da ourive Sonia Ares

As participantes exerceron de modelos para un vídeo coas pezas exclusivas inspiradas no Camiño de Santiago

O proxecto xorde da conexión establecida entre a artesá e AMIPA durante o encontro Airea Local de 2024

A iniciativa promove a inclusión e a igualdade real a través da arte e da colaboración comunitaria

Cada participante recibiu unha xoia como recordo

AMIPA recibe unha axuda do 0,7% do IRPF para conservar e mellorar o seu centro ocupacional en Sorribas (Rois)

AMIPA foi unha das 155 entidades galegas beneficiarias das axudas da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, destinadas a entidades que traballan nos ámbitos da atención ás persoas maiores, á discapacidade —como é o caso de AMIPA—, á infancia, á promoción da igualdade e á inclusión social. A asociación destina esta

AMIPA quere promover unha comunidade inclusiva no rural coa jornada Airea Local

Ester Ortega e Erwin Wieringa dinamizan en Rois un grupo de 90 persoas para promover a innovación social

“A boa vida dunha persoa con discapacidade intelectual depende do entorno onde lle toca vivir”, asegura a especialista da Fundación Inclusión y Apoyo Aprocor

“Grazas por querer estar aquí”, díxolles a xerente da Asociación, Begoña Suárez, ás persoas asistentes

AMIPA recibe unha aportación 5.000€ da Fundación “LaCaixa” para realizar melloras no seu servizo diario de comedor

A colaboración de Caixabank permitirá mellorar as condicións de confortabilidade no comedor, así como a oferta de menús para as persoas con discapacidade Por noveno ano consecutivo, a Fundación “LaCaixa”, a través da oficina de Caixabank de Padrón, A Coruña, e da súa directora Amparo María Rodríguez, continúa a confíar no traballo que desenvolve a

AMIPA recibe da Deputación Provincial da Coruña unha subvención para mantemento de centros de máis de 12.000 euros

A Deputación da Coruña concedeulle á Asociación AMIPA unha subvención para financiar formación ocupacional no centro ocupacional de Sorribas. Esta achega foi concedida ao abeiro da convocatoria de subvencións correspondente ao programa FOAXE-C/2024: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de centros de Servizos Sociais no ano 2024.

AMIPA recibe da Xunta Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia unha axuda por importe de 9.900€ da orde de axudas de 2023 con cargo ao 0,7% do IRPF.

Estas axudas están dirixidas a entidades sociais que traballan nos ámbitos da discapacidade, de menores, inclusión ou voluntariado e que benefician a un total de 147 entidades en Galicia. AMIPA destina esta axuda a adquisición de equipamento para os servizos ocupacionais e de comedor do centro ocupacional que consisten en tres climatizadores; un forno de

Scroll ao inicio