AMIPA recibe da Deputación Provincial da Coruña unha subvención de case 16.000€
Xoves, 04 Xullo 2019
AMIPA recibe da Deputación Provincial da Coruña unha subvención de case 16.000€

AMIPA recibe da Deputación Provincial da Coruña unha subvención de case 16.000€

Este financiamento permite seguir prestando servizos de maior calidade ás persoas con discapacidade intelectual no Centro Ocupacional de AMIPA

Amipa, Asociación de nais e pais de persoas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar, vén de recibir da Deputación Provincial da Coruña unha subvención por importe de 15.965,05€, dentro da convocatoria do programa de subvencións para entidades sen fins de lucro para o mantemento de centros de servizos sociais no ano 2019.

Esta subvención contribúe a financiar formación ocupacional para a capacitación laboral das persoas adultas con discapacidade intelectual, programas individualizados (como atención ao público, manexo do diñeiro, compras persoais…) e liñas de participación social na comunidade así como servizos hostaleiros, actividades físicas e deportivas, orientación e apoio ás familias, etc…, nos que participan a diario 23 persoas adultas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar (Dodro, Padrón e Rois) e dos Concellos de Brión e Teo.

 

Scroll ao inicio