AMIPA recibe da Deputación Provincial da Coruña unha subvención de case 20.000,00€
Xoves, 20 Maio 2021
AMIPA recibe da Deputación Provincial da Coruña unha subvención de case 20.000,00€

AMIPA recibe da Deputación Provincial da Coruña unha subvención de case 20.000,00€

A Asociación AMIPA vén de recibir da Deputación Provincial da Coruña unha subvención por importe de 19.975,00€, dentro da convocatoria do programa de subvencións para entidades sen fins de lucro para o mantemento de centros de servizos sociais no ano 2021.

Esta subvención contribúe a financiar formación ocupacional, no Centro Ocupacional de Sorribas,  para a capacitación laboral das persoas adultas con discapacidade intelectual, programas individualizados, así como servizos hostaleiros, actividades físicas e deportivas, orientación e apoio ás familias, etc…, nos que participan a diario 24 persoas adultas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar (Dodro, Padrón e Rois) e dos concellos de Brión, Teo.

Scroll ao inicio