CREACIÓNS ARTESANAIS INSPIRADAS NA TRADICIÓN e NATUREZA
As persoas artesás de AMIPA continuamos innovando, creando pezas únicas e exclusivas inspiradas na tradición e na natureza: broches, imáns, peneiras, xabóns decorativos…
Temos un posto de venda directa en Sorribas (Rois) no noso centro ocupacional.
Alí podes atopar estas pezas únicas.
Tamén facemos deseños personalizados!