Nome do autor:asociacion_amipa

Artesanía inspirada na tradición e natureza

CREACIÓNS ARTESANAIS INSPIRADAS NA TRADICIÓN e NATUREZA As persoas artesás de AMIPA continuamos innovando, creando pezas únicas e exclusivas inspiradas na tradición e na natureza: broches, imáns, peneiras, xabóns decorativos… Temos un posto de venda directa en Sorribas (Rois) no noso centro ocupacional. Alí podes atopar estas pezas únicas. Tamén facemos deseños personalizados!

Obra Social de Caixabank

Amipeiro de Honra 2018: Obra Social de Caixabank

Obra Social de Caixabank María Iglesias Sande, directora da Oficina Caixabank de Padrón, recolleu o premio Amipeiro de Honra entregado á Obra Social de Caixabank pola colaboración que mantén con AMIPA dende 2015 que axudan a mellorar os servizos que presta AMIPA ás persoas con discapacidade intelectual e que nos axudan a seguir sumando como

Amipeiro de Honra 2016: Beatriz Calvo

Beatriz Calvo. Coordinadora da Aula Cemit de Padrón Beatriz Calvo recibiu o 28 de maio de 2016 o premio Amipeira de Honra por abrir novos caminos cara a inclusión social ao facer máis accesibles as novas tecnoloxías para as persoas con discapacidade. A entrega realizouse no centro ocupacional de Sorribas (Rois).

Amipeiro de Honra 2015: Fernando Moreira

Fernando Moreira. Xornada ciclista A golpe de pedal Vinculado ao Club Ciclista Padronés, Fernando Moreira foi colaborador de AMIPA durante anos e foi impulsor da iniciativa A Golpe de Pedal, unha xornada ciclista inclusiva que reunía cada ano a máis de 100 persoas en Padrón, con e sen discapacidade, da provincia.

Scroll ao inicio