Libros Viaxeiros no 19 Encontro de Autoxestoras e Autoxestores
Sábado, 26 Outubro 2019
Libros Viaxeiros no 19 Encontro de Autoxestoras e Autoxestores

Libros Viaxeiros no 19 Encontro de Autoxestoras e Autoxestores

AMIPA e a Oficina Municipal Voluntariado Padrón participamos no 19 Encontro de Autoxestoras e Autoxestores.

Foi o pasado venres, 29 de outubro, en Lalín.

Begoña Suárez, xerente de AMIPA,  Sonia García, persoa de AMIPA participante no proxecto, Pilar Lorenzo, coordinadora da Oficina Municipal de voluntariado do Concello de Padrón e Annia Zárraga, persoa participante no proxecto, compartimos a experiencia do proxecto conxunto “Libros Viaxeiros”.

Trátase dun proxecto de inclusión social a través de lecturas compartidas, por persoas con e sen discapacidade intelectual, en lectura fácil e en establecementos hostaleiros de Padrón.

A súa acollida neste encontro foi todo un éxito!

Scroll ao inicio