novas

Amipeiro de Honra 2016: Beatriz Calvo

Beatriz Calvo. Coordinadora da Aula Cemit de Padrón Beatriz Calvo recibiu o 28 de maio de 2016 o premio Amipeira de Honra por abrir novos caminos cara a inclusión social ao facer máis accesibles as novas tecnoloxías para as persoas con discapacidade. A entrega realizouse no centro ocupacional de Sorribas (Rois).

Amipeiro de Honra 2015: Fernando Moreira

Fernando Moreira. Xornada ciclista A golpe de pedal Vinculado ao Club Ciclista Padronés, Fernando Moreira foi colaborador de AMIPA durante anos e foi impulsor da iniciativa A Golpe de Pedal, unha xornada ciclista inclusiva que reunía cada ano a máis de 100 persoas en Padrón, con e sen discapacidade, da provincia.

Scroll ao inicio