Actividades coa comunidade

Somos parte activa

coa Comunidade

coa Comunidade

Actividades coa comunidade

Somos parte activa

Visita á Casa de Rosalía de Castro. Actividades coa comunidade
Visita á Casa de Rosalía de Castro. Actividades coa comunidade

Queremos ser parte activa da comunidade na que vivimos, e para iso, participamos en actividades socioculturais que se desenvolven na nosa contorna, organizadas polos concellos, centros educativos, a Casa Museo Rosalía de Castro, así como por outras asociacións ou entidades.

AMIPA está presente na Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero dos concellos de Rois e de Padrón, dende a súa creación no ano 2021. Participamos con outros axentes sociais do territorio como corpos e forzas de seguridade do Estado, servizos sociais, centros educativos, empresas privadas, asociacións…

Mesa sobre violencia de xénero en Rois Actividades coa comunidade
Mesa sobre violencia de xénero en Rois Actividades coa comunidade

Participamos no proxecto de lectura inclusiva Libros Viaxeiros, en lectura fácil, o cal desenvolvemos conxuntamente coa Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Padrón, dende o ano 2018. Este proxecto inclúe a todas las persoas ás que lles une o gusto pola lectura que busca crear relacións con outras persoas. Os encontros para comentar obras desenvólvense en espazos como cafeterías, restaurantes, parques…

Libros viaxeiros. Actividades coa comunidade
Libros viaxeiros. Actividades coa comunidade

Esta experiencia foi presentada nunha comunicación no II Congreso Internacional de Educación Crítica y Inclusiva, celebrado en Segovia en setembro de 2022. Esta comunicación adopta a forma de capítulo de libro, ao cal se pode acceder a través do seguinte enlace: https://octaedro.com/libro/sonar-grande-es-sonar-juntas/

Soñar grande es soñar juntas
Soñar grande es soñar juntas

Scroll ao inicio