Misión
En AMIPA apoiamos e acompañamos
as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias para acadar unha mellor calidade de vida, xerando oportunidades dende o respecto e a ilusión e promovendo a inclusión na comunidade nunha contorna rural.
visión
Queremos ser (a nosa VISIÓN de futuro)
Imaxinamos un futuro ilusionante. Dende o compromiso respectuoso coa calidade de vida das persoas e cos seus proxectos de vida que permitan a súa inclusión social, queremos ser unha organización na que:
- Tendo en conta as preferencias, intereses e desexos persoais
- Realizando actividades significativas para cada persoa
- Apoiando a persoa a alcanzar as cousas importantes para ela, coa colaboración do círculo de apoio elixido por ela mesma
Para a vida independente, ampliación da oferta de formación ocupacional, emprego con apoio, apoio ás familias…:
- Poñendo en marcha vivendas no contorna nas que as persoas vivan o pasen estancias cos apoios que precisen
- Tendo un servizo de apoio psicoeducativo no fogar para aquelas persoas que decidan desenvolver o seu proxecto de vida no mesmo
- Colaborando e xerando alianzas con empresas da nosa contorna de referencia
- Acompañando a grupos de familiares
- Desenvolvendo actividades na comunidade segundo os intereses das persoas
- Participando en actividades de ocio segundo as preferencias de cada persoa, que lle permitan xerar novas alternativas de ocio
- Establecendo alianzas coa veciñanza, empresas, voluntariado, asociacións, administración local…
- Realizando diferentes actividades nos espazos de AMIPA que sexan significativas para as persoas
- Xerando recursos propios e buscando financiamento privado como crowdfunding, aportacións de empresas, campañas de captación de persoas socias ou axudas privadas de obras sociais e fundacións
- Tendo un programa de voluntariado
- Desenvolvendo prácticas de formación profesional
os nosos VALORES
Os valores son un modo de conduta preferible ao seu contrario
Por exemplo, a igualdade é preferible á desigualdade, a confianza é preferible á desconfianza, etc. Os nosos valores expresan o que consideramos valioso, estimable e digno de ser honrado.
As persoas de AMIPA adquirimos o compromiso de levar a cabo as nosas accións de acompañar as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias dende os seguintes valores: