Algunhas persoas de AMIPA creamos coas nosas propias mans unha artesanía diferente
En AMIPA atoparás persoas expertas no deseño e creación de produtos únicos e artesanais.
Dispoñemos dun amplo abano de produtos que poden personalizarse con detalle nas súas cores, tamaños e deseños.
Se queres marcar a diferenza e ser orixinal nas túas tarxetas de invitación ou nos agasallos para vodas, comuñóns ou calquera tipo de evento, podes achegarte ata Sorribas ou contactar con nós. Podemos preparar o detalle perfecto para ese día tan especial.
Que facemos?
Entre os nosos produtos pódense atopar:
Velas aromáticas con diferentes deseños e presentacións, xabóns de mil formas e cores, marcapáxinas únicos de papel artesanal, invitacións exclusivas, imáns decorativos, broches de fieltro e de pasta, adornos para picaportes,...
Onde e cando?
En Sorribas, de 10:30h a 17:30h, de luns a venres (baixo pedido e con cita previa).
Cómpre realizar os pedidos con antelación para que poidamos cumprir cos prazos de entrega.