Por quinto ano, a Obra Social de CaixaBank, a través da oficina de Padrón, A Coruña, e da súa directora María Iglesias Sande, confía no traballo de AMIPA, Asociación de Nais e Pais de persoas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar, colaborando cunha aportación de 7.000€, que vén de asinar hoxe José Rodríguez, presidente de AMIPA. Esta aportación será destinada á adquisición de equipamentos para o centro ocupacional, como mobiliario ou pantallas dixitais, adaptados ás necesidades actuais das persoas.
Entre os anos 2015 e 2019 a obra social colaborou con AMIPA cun total de 27.000€ para diversos proxectos de inversión da Asociación AMIPA que tiñan por obxectivo favorecer maiores niveis de benestar e autonomía das persoas con discapacidade intelectual na súa contorna de referencia.