O Concello de Padrón concede a AMIPA unha subvención de 12.000€
Martes, 29 Outubro 2024
O Concello de Padrón concede a AMIPA unha subvención de 12.000€

O Concello de Padrón concede a AMIPA unha subvención de 12.000€

A Asociación Amipa recibe, un ano máis, unha subvención nominativa do Concello de Padrón  para o ano 2024.

O Alcalde-Presidente do Concello de Padrón, Don Anxo Rei Arca e o presidente de Amipa, Don José Rodríguez, asinaron o convenio de colaboración para o proxecto de inserción social e laboral para persoas con discapacidade intelectual para este ano 2024, que recolle a concesión da subvención por un importe de 12.000€ e a cesión de persoal para actividades de deportes para as persoas con discapacidade de AMIPA.

Esta subvención contribúe a financiar gastos vinculados e persoal, educador/a social a medida xornada, para programas na área de formación para a vida en comunidade, no Centro Ocupacional de Sorribas, Rois (A Coruña) que xestiona Amipa.

En concreto, programas individualizados: formación integral e continua de cada persoa nas distintas áreas da vida co fin de acadar a maior autonomía posible cos apoios específicos e persoais necesarios (como desenvolvemento de plans persoais en comunidade e actividades de ocio fóra de horario de centro). E para grupos de traballo formados polas persoas con discapacidade e a/o profesional de AMIPA para apoio ao deseño, desenvolvemento e avaliación dunha serie de liñas de actuación, na que as protagonistas son as persoas con discapacidade (como creación de redes con distintos axentes sociais).

Trátase de programas específicos que non financian gastos estruturais do concerto social que entrou en vigor en marzo de 2024, asinado por AMIPA coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

En AMIPA reciben servizos e acompañamento en proxectos de vida 24 persoas adultas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar (Dodro, Padrón e Rois) e dos concellos de Brión, Teo,  das cales 11 son veciñas e veciños de Padrón. Tamén reciben apoios por parte da asociación as súas 24 familias.

A implicación do Concello de Padrón ao longo dos 27 anos de vida da entidade permítelle seguir prestando servizos orientados á inclusión social adultas con discapacidade, nunha contorna rural.

Scroll ao inicio