A Deputación da Coruña financia investimentos informáticos en Amipa con algo máis de 2.000 euros
Venres, 28 Xullo 2023
A Deputación da Coruña financia investimentos informáticos en Amipa con algo máis de 2.000 euros

A Deputación da Coruña financia investimentos informáticos en Amipa con algo máis de 2.000 euros

A Deputación da Coruña ven de financiarlle á Asociación AMIPA con algo máis de 2.000 euros o investimento en material informático. A subvención recibida pola Asociación AMIPA corresponde a convocatoria do programa FOIE/2023: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de centros de Servizos Sociais no ano 2023. O importe concedido foi de 2.099,59€, coeficiente de financiamento 0,4889 (BOP nº 133, de 13 de xullo de 2023)

Esta subvención contribúe a financiar investimentos informáticos para o centro ocupacional de AMIPA (pc de sobremesa, portátiles, táblets, impresora, altofalantes e un armario rack e switch). Os dispositivos son utilizados polas persoas con discapacidad en programas de estimulación cognitiva, novas tecnoloxías, ocio personalizado, formación pre-laboral…, cos apoios profesionais necesarios.

Este financiamento permite mellorar a prestación dos servizos ás persoas con discapacidade intelectual para que poidan mellorar a súa vida nun entorno rural, xenerando oportunidades sociolaborais e promovendo a súa inclusión social.

Scroll ao inicio