A Deputación da Coruña concedeulle á Asociación AMIPA unha subvención de 16.877,50 euros para financiar a formación ocupacional no centro ocupacional de Sorribas. Esta achega foi concedida ao abeiro da convocatoria de subvencións correspondente ao programa FOAXE-C/2023: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de centros de Servizos Sociais no ano 2023. O importe concedido foi de 16.877,50 €, coeficiente de financiamento 0,2294 (BOP nº 123, de 29 de xuño de 2023.
Esta subvención contribúe a financiar, un ano máis, a formación ocupacional no Centro Ocupacional de Sorribas, para a capacitación laboral das persoas adultas con discapacidade intelectual e programas individualizados, así como servizos hostaleiros, actividades físicas e deportivas, orientación e apoio ás familias, etc…, nos que participan a diario 24 persoas adultas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar (Dodro, Padrón e Rois) e dos concellos de Brión, Teo e Santiago.