A Deputación da Coruña concedeulle á Asociación AMIPA unha subvención para financiar formación ocupacional no centro ocupacional de Sorribas. Esta achega foi concedida ao abeiro da convocatoria de subvencións correspondente ao programa FOAXE-C/2024: Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de centros de Servizos Sociais no ano 2024.
O importe concedido foi de 12.049,51 €, coeficiente de financiamento 0,6115 (BOP nº 54, de 15 de marzo de 2024).
Esta subvención contribúe a financiar servizos e programas complementarios no Centro Ocupacional de Sorribas, nos que participan a diario 24 persoas adultas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar , Dodro, Padrón e Rois e dos concellos de Brión, Teo e Santiago.
Estes programas e servizos consisten en itinerarios de inserción sociolaboral como, por exemplo, orientación ao emprego, autoemprego e emprego público. Tamén para formación e acompañamento para o empoderamento e participación en órganos e comités estratéxico-executivos do centro ocupacional do centro ocupacional, plans persoais individualizados orientados ao uso e desfrute dos servizos e recursos comunitarios, así como talleres de alimentación consciente e acompañamentos individualizados a cada persoa para manter hábitos alimentarios, entre outros.