AMIPA recibe da Xunta Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia unha axuda por importe de 9.900€ da orde de axudas de 2023 con cargo ao 0,7% do IRPF.
Luns, 15 Xaneiro 2024

Estas axudas están dirixidas a entidades sociais que traballan nos ámbitos da discapacidade, de menores, inclusión ou voluntariado e que benefician a un total de 147 entidades en Galicia. AMIPA destina esta axuda a adquisición de equipamento para os servizos ocupacionais e de comedor do centro ocupacional que consisten en tres climatizadores; un forno de convección e un lavavaixelas, ambos industriais.

A publicación da resolución desta axuda no DOGA, o 12 de xaneiro de 2024, coincidiu coa visita da Conselleíra de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e da Directora Xeral de Persoas de Discapacidade, Begoña Abeijón, ás instalacións do Centro Ocupacional de AMIPA.

Novas da visita na páxinas da Xunta de Galicia e en prensa:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/86768/dog-publica-resolucion-orde-axudas-con-cargo-0-7-irpf-que-beneficia-147-entidades

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2024/01/13/fabiola-garcia-destaca-trabajo-centro-ocupacional-amipa-cuenta-24-plazas-rois/0003_202401S13C6993.htm

Scroll ao inicio