AMIPA foi unha das 155 entidades galegas beneficiarias das axudas da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, destinadas a entidades que traballan nos ámbitos da atención ás persoas maiores, á discapacidade —como é o caso de AMIPA—, á infancia, á promoción da igualdade e á inclusión social.
A asociación destina esta achega, por importe de 10.461,23 €, á conservación e mantemento do primeiro andar do seu centro ocupacional, situado na Reitoral de Sorribas (Rois). As actuacións previstas consisten na realización de reparacións e no pintado integral con material illante antitérmico e anticondensación co obxectivo de mellorar as condicións do espazo e o benestar das persoas con discapacidade.
Esta axuda foi publicada no DOG nº 12 do 20 de xaneiro de 2025, que se pode consultar neste enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250120/AnuncioG0762-080125-0001_es.pdf

