A Asociación Amipa é beneficiaria, un ano máis, unha subvención nominativa do Concello de Padrón
O Alcalde-Presidente do Concello de Padrón, Don Antonio Fernández e o presidente de Amipa, Don José Rodríguez, asinaron o convenio de colaboración para o proxecto de inserción social e laboral para persoas con discapacidade intelectual para este ano.
Esta subvención contribúe a financiar programas na área de formación para a vida, no Centro Ocupacional de Sorribas, Rois (A Coruña) que xestiona Amipa. En concreto, para programas individualizados de formación integral e continua que permitan a cada persoa acadar a máxima autonomía posible, cos apoios precisos.
No centro reciben servizos e acompañamento en proxectos de vida 24 persoas adultas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar (Dodro, Padrón e Rois) e dos concellos de Brión, Teo, 9 das cales son veciñas de Padrón. Tamén reciben apoios por parte da asociación as 24 familias.
A implicación do Concello de Padrón ao longo dos 25 anos de vida da entidade permítelle seguir prestando servizos orientados á calidade de persoas adultas con discapacidade, nunha contorna rural.