A colaboración de Caixabank permitirá mellorar as condicións de confortabilidade no comedor, así como a oferta de menús para as persoas con discapacidade
Por noveno ano consecutivo, a Fundación “LaCaixa”, a través da oficina de Caixabank de Padrón, A Coruña, e da súa directora Amparo María Rodríguez, continúa a confíar no traballo que desenvolve a Asociación AMIPA no centro ocupacional que xestiona en Sorribas, Rois (A Coruña).
A aportación de 5.000€ foi destinada a adquirir 30 cadeiras ergonómicas de polipropileno para o comedor do centro e para cofinanciar un forno de convección para a cociña.
As persoas con discapacidade participaron na toma de decisións das adquisicións e acolleron as mesmas como una mellora significativa da renovacións das
instalacións e mellorar da estancia nas mesmas, repercutindo na mellora da súa vida. José Rodríguez, presidente de AMIPA, destaca “agradecemos, un ano máis,
esta colaboración que nos vai axudar a seguir mellorando as condicións do servizo de comedor diario para as persoas con discapacidade de AMIPA e garantir
un maior benestar e confortabilidade das mesmas, así como rentabilizar os recursos na cociña do centro”.
Entre os anos 2015 a 2024 a obra social colaborou coa Asociación AMIPA cun total de 55.961€ para diversos proxectos de inversión que tiñan como obxectivos
favorecer maiores niveis de autonomía, benestar e participación social das persoas na súa contorna de referencia. Actualmente, 24 persoas adultas con discapacidade intelectual dos Concellos de Dodro, Padrón, Rois, Brión e Teo, se forman a diario no Centro Ocupacional de Sorribas nunha contorna privilexiada como é a Reitoral de San Tomé de Sorribas no Concello de Rois.

