A Asociación Amipa recibe un ano máis, unha subvención nominativa do Concello de Padrón para o ano 2023
O Alcalde-Presidente do Concello de Padrón, Don Anxo Rei Arca e o presidente de Amipa, Don José Rodríguez, asinaron o convenio de colaboración para o proxecto de inserción social e laboral para persoas con discapacidade intelectual para este ano, que recolle a concesión da subvención por un importe de 12.000€ e a cesión de persoal para actividades de deportes para as persoas con discapacidade de AMIPA.
Esta subvención contribúe a financiar persoal para programas na área de formación para a vida, no Centro Ocupacional de Sorribas, Rois (A Coruña) que xestiona Amipa. En concreto, programas individualizados: formación integral e continua de cada persoa nas distintas áreas da vida co fin de acadar a maior autonomía posible cos apoios específicos e persoais necesarios. E para grupos de traballo formados polas persoas con discapacidade e os profesionais de AMIPA para apoio ao deseño, desenvolvemento e avaliación dunha serie de liñas de actuación, na que as protagonistas son as persoas con discapacidade, contando co apoio dun ou dunha profesional.
No centro reciben servizos e acompañamento en proxectos de vida 24 persoas adultas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar (Dodro, Padrón e Rois) e dos concellos de Brión, Teo, das cales 11 son veciñas de Padrón. Tamén reciben apoios por parte da asociación as 24 familias.
A implicación do Concello de Padrón ao longo dos 26 anos de vida da entidade permítelle seguir prestando servizos orientados á inclusión social adultas con discapacidade, nunha contorna rural.