Planificación Centrada na Persoa: as persoas con discapacidade intelectual teñen dereito a decidir
Xoves, 12 Marzo 2020
Planificación Centrada na Persoa: as persoas con discapacidade intelectual teñen dereito a decidir

Planificación Centrada na Persoa: as persoas con discapacidade intelectual teñen dereito a decidir

Planificar é algo natural na vida de calquera persoa. Nós podemos planificar as vacacións, viaxes, comidas, citas, …  Os aspectos cruciais das nosas vidas son planificados por nós mesmos para alcanzar o que desexamos: un bo traballo, matrimonio, ter fillas/os, … Planificar axúdanos a poñer orde na nosa vida, e o que é máis importante, capacítanos para poder realizar o que desexamos.

Planificar cobra un especial significado como apoio a persoas con discapacidade intelectual. Planificar só é efectivo e válido para a persoa se ela se convirte no motor central do proceso. Isto nos leva a facer planificacións cuxo centro de referencia é a persoa. Isto é o que se chama Planificación Centrada na Persoa (PCP).

A PCP é un proceso de colaboración para axudar ás persoas a acceder á os apoios e servizos que necesitan para alcanzar unha maior calidade de vida baseada nas súas propias preferencias e valores.

Dende un enfoque centrado na persoa, hai diferentes ferramentas e metodoloxías para apoiar a elaboración dos Plans Persoais en cada momento da vida.

Dende AMIPA queremos ser unha organización na que acompañemos a persoas con discapacidade intelectual para que desenvolvan os seus plans persoais, nos que sexan protagonistas tendo en conta as preferencias, intereses e desexos persoais; realizando actividades significativas para cada persoa; apoiando á persoa a alcanzar as cousas importantes para ela, coa colaboración do círculo de apoio de persoas elixido por ela mesma.

Dende hai uns meses xa comezamos ese camino e aínda quedan moitos pasos que dar acompañando ás persoas para que tomen o timón das súas vidas!

 

Scroll ao inicio