AMIPA acolle voluntariado de Caixabank na Semana Social da entidade bancaria
Por segunda ocasión este ano, as persoas con discapacidade intelectual de AMIPA e persoas voluntarias compartimos unha tarde de traballo arredor da artesanía no Centro Ocupacional de Sorribas
Este martes, día 22 recibimos a tres traballadoras de Caixabank que tiveron ocasión de colaborar como voluntarias nen AMIPA, asociación beneficiaria de axudas anuais de Obra Social de Caixabank. As persoas usuarias, as profesionais de Amipa e as persoas voluntarias pasamos xuntas un tempo compartido diferente esta semana, no centro ocupacional ubicado en Sorribas (Rois), que xestiona Amipa dende o ano 2009.
As tres persoas voluntarias tiveron a ocasión de coñecer e realizar, coas persoas de Amipa, os traballos que desenvolvemos a diario un grupo de 23 persoas adultas con discapacidade intelectual, cos apoios profesionais precisos, no taller de elaboración de produtos artesanais personalizados. No mesmo puideron elaborar artesanía personalizada da man das persoas con discapacidade expertas nesta materia. Tamén tiveron ocasión de coñecer os talleres de manipulado de aluminio e elaboración de fundas, realizados para empresas da comarca.
Así mesmo, as persoas voluntarias interesáronse polos os proxectos que se están a levar a cabo pola asociación, realizando conversando coas persoas do centro sobre a incesante actividade que desenvolve a entidade. Asemade, un ano máis se interesaron polas necesidades máis inmediatas de AMIPA á hora de prestar un servizo de calidade ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias e fixeron propostas de actividades que podemos compartir con voluntariado de Caixabank en vindeiras semanas sociais.
As persoas con discapacidade de Amipa amosáronse moi agradecidas e contentas coa visita e co traballo compartido. Tamén reiteraron ás persoas voluntarias a invitación para seguir desenvolvendo nun futuro actividades conxuntas.